Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Continuará ...

07/06/2008 GMT 1

¿Tomamos Mate?

continuara @ 01:28

O mate non é unha bebida. Bueno, si. É un líquido e entra pola boca. Pero non  é unha bebida. Neste país ninguén toma mate porque teña sede. É máis ben unha costume, como rascarse.

O mate é exactamente lo contrario que a televisión: faiche conversar se estás con alguén, e che fai pensar cando estás só.

Cando chega alguén a túa casa a primeira frase é 'hola' e a segunda '¿uns mates?'. Esto pasa en todas as casas. Na dos ricos e na dos pobres.

Pasa entre mulleres chismosas e charlatanas, e pasa entre homes serios ou inmaduros.

Pasa entre os vellos dun xeriátrico e entre os adolescentes mentres estudan ou se drogan.

É o único que comparten os pais e os fillos sen discutir nin botarse na cara.Peronistas e radicais ceban mate sen preguntar. No verán e no inverno.

É o único no que nos parecemos as víctimas e os verdugos; os bos e os malos.

Cando tes un fillo, lle empezas a dar mate cando che pide. Se o das morniño, con moito azucre, e séntense grandes.

Sentes un orgullo enorme cando un esquenunciño do teu sangue empeza a chupar mate. Sáeseche o corazón do corpo.

Despois eles, cos anos, elixirán se tomalo amargo, doce, moi quente, tereré, con cáscara de laranxa, con yuyos, cun chorriño de limón.

Cando coñeces a alguén por primeira vez, tómaste uns mates. A xente pregunta, cando non hai confianza: '¿Doce ou amargo?'. O outro responde: 'Como o tomes ti'.Os teclados de Uruguay teñen as letras cheas de herba.

A herba é o único que hai sempre, en todas as casas.

Sempre.

Con inflación, con fame, con militares, con democracia, con calquera das nosas pestes e maldicións eternas. E se un día non hai herba, un veciño ten e che da.

A herba non se lle nega a ninguén.

Este é o único país do mundo onde a decisión de deixar de ser un mozo e comezar a ser un home ocorre un día en particular. Nada de pantalóns longos, circuncisión, universidade ou vivir lonxe dos pais.

Aquí comezamos a ser grandes o día que teñamos a necesidade de tomar por primeira vez uns mates, solos.Non é casualidade. Non é porque si. O día que un raparigo pon a cacerola ao lume e toma o seu primeiro mate sen que haxa ninguén na casa, nese minuto, é que descubriu que ten alma.

Ou está morto de medo, ou está morto de amor, ou algo: pero non é un día calquera.

Ningún de nós nos acordamos do día en que tomamos por primeira vez un mate so. Pero debe haber sido un día importante para cada un. Por dentro hai revolucións.

O sinxelo mate é nada máis e nada menos que unha demostración de valores...
É a solidaridade de bancar eses mates lavados porque a charla é boa.

A charla, non o mate.

É o respeto polos tempos para falar e escoitar, ti falas mentres o outro toma e é a sinceridade para dicir:

¡Basta, cambia a herba!'.

É o compañeirismo feito momento.

É a sensibilidade á auga fervendo.

É o cariño para preguntar, estupidamente, '¿está quente, non?'.

É a modestia de quen ceba o mellor mate.

É a xenerosidade de dar ata o final.

É a hospitalidade da invitación.

É a xusticia do un por un. É a obrigación de dicir 'gracias', polo menos unha vez ao día.

É a actitude ética, franca e leal de atoparse sen maiores pretensións que compartir.

¿SÍNTESTE INCLUÍDO?

Compárteo pois con quenes algunha vez tomaches un mate.

(E-mail Anónimo)

Alejandra

... (6)

continuara @ 01:26

O que os cativos non pensaron foi que na cidade agardábaos mais sorpresas, a cidade atopábase de festas e, como non, non podía faltar as atraccións.

O pai dos cativos deixara moi bos amigos o seu paso pola cidade, que o quería moito.

O día parecía que prometía moito, pois os cativos o poder ver todo aquelo era todo un primor.

O día acababa de comezar, e para Uxía máis, pois moi caladiña e sen perder ollo do que o lonxe estaba vendo dixo:

- ¡Xan! -.

- ¿ Que queres Uxía ? - respondeu Xan.

- ¿Ti ves o que eu estou vendo? - díxolle a cativa toda alporizada.

- ¿ O que Uxía ? -.

- Uns burriños - dixo ela toda chea de razón.

- ¿Uns burriños? ti tamén, ti tes cada cousa ¡non muller!, o que ti ves non son burriños, son ponis -.

- O que sexan, eu vou a velos, ven anda, ¡ven comigo! -.

- Vou – rematou Xan.

Para Uxía o poder ver aqueles animaliños no medio daquela troula estaba que non o creía, pois a ela parecíalle que so os había na aldea. ¡Quen fora cativo! ...

- Papá, se me deixas eu quería dar unha volta -.

- ¿ No que, Uxía? -.

 Neso ho! – sinalaba a pequena.

- Pois non sei - dixo o pai.

Quen diría que aquelo ía espertar tanto fervor na cativa.

Para Xan e Breixo as súas inquedanzas ían por outro lado, os ferranchos como que si.

O final da xornada, case estaba ao chegar pero son tantas as cousas para ver que nin deso se decataron  ...

MARIA

30/05/2008 GMT 1

Na casa do ferreiro

continuara @ 17:23

Na casa do ferreiro, coitelo de pau.

(así non se cortan)

Lucía

A cabalo regalado

continuara @ 17:23

A cabalo regalado, non lle mires o dente.

(sempre e cando non sea moi vello)

Lucía

A quen madruga

continuara @ 17:22

A quen madruga, Deus axuda.

(por se acaso, botate a correr)

Lucía

A todo porco

continuara @ 17:20

A todo porco lle chega o seu San Martiño.

(cando estea ben ghordiño)

Lucía

En abril

continuara @ 17:19

En abril, augas mil.

(pode que si, pode que non)

Lucía

En maio

continuara @ 17:18

En maio, aínda a vella queima o tallo.

(eso é se chove :D )

Lucía

Pedir perdón

continuara @ 17:14

Ana desde pequena, ela e mais súa irmán,sempre pensaron que a súa nai as abandonara, a elas e a seu pai, por outro home, por so lle tiña resentimento e nunca falaba dela, se o facía era para facer reproches, criticas e malas palabras hacia ela, que facían imposible calquera razoamento ou acercamento.

 

Recorda que moitas veces no recreo da escola, súa nai ía a velas e elas escapaban, así transcorreu a súa infancia e adolescencia.

 

Cando cumpriu 23 anos, casouse, tivo 2 fillos polos cales se desvivía. Quixo o destino que se namorase de outro home e tomou a decisión de separarse, pero o seu home empeñouse en quitarlle os fillos -cousa que non logrou- pero de repente viuno todo claro, ela sabía a historia da súa vida por seu pai, faltáballe a versión dos feitos de parte da súa nai.

 

Chamou a súa nai e foi a vela, e despois de darlle un fortísimo abrazo, contoulle como foran os feitos que, era nin mais nin menos, o que lle estaba a pasar a ela. Ana pediulle perdón.

 

Hoxe, pódese dicir que, é una muller feliz. O abrazo de unha nai é una menciña moi curativa.

 

Lucía      

Unha vez tiven un cravo

continuara @ 16:55

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
Señor, que todo o podedes
-pedinlle unha vez a Dios-,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición.
E deumo Dios, e arrinqueimo,
Mais…¿Quen pensara?… Despóis
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era dolor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltou
e seica…seica tiven soidades
de aquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito,
¡quén o entendera, Señor…!

 

(Follas Novas, Rosalía de Castro)

marixela

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis