... (6)
O que os cativos non pensaron foi que na cidade agardábaos mais sorpresas, a cidade atopábase de festas e, como non, non podía faltar as atraccións.
O pai dos cativos deixara moi bos amigos o seu paso pola cidade, que o quería moito.
O día parecía que prometía moito, pois os cativos o poder ver todo aquelo era todo un primor.
O día acababa de comezar, e para Uxía máis, pois moi caladiña e sen perder ollo do que o lonxe estaba vendo dixo:
- ¡Xan! -.
- ¿ Que queres Uxía ? - respondeu Xan.
- ¿Ti ves o que eu estou vendo? - díxolle a cativa toda alporizada.
- ¿ O que Uxía ? -.
- Uns burriños - dixo ela toda chea de razón.
- ¿Uns burriños? ti tamén, ti tes cada cousa ¡non muller!, o que ti ves non son burriños, son ponis -.
- O que sexan, eu vou a velos, ven anda, ¡ven comigo! -.
- Vou – rematou Xan.
Para Uxía o poder ver aqueles animaliños no medio daquela troula estaba que non o creía, pois a ela parecíalle que so os había na aldea. ¡Quen fora cativo! ...
- Papá, se me deixas eu quería dar unha volta -.
- ¿ No que, Uxía? -.
Neso ho! – sinalaba a pequena.
- Pois non sei - dixo o pai.
Quen diría que aquelo ía espertar tanto fervor na cativa.
Para Xan e Breixo as súas inquedanzas ían por outro lado, os ferranchos como que si.
O final da xornada, case estaba ao chegar pero son tantas as cousas para ver que nin deso se decataron ...
MARIA

Chúzao
del.icio.us
Sentada na beirarrúa vía como pasaban os coches ás miñas costas, os nenos xogaban debaixo dos altos carballos a correr ás pombas que na fonte se achegaban a beber, as nubes parecían leves velos de fume correndo polo ceo azulado de marzo.