Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Continuará ...

Categoría: Pequenos retazos literarios

07/06/2008 GMT 1

¿Tomamos Mate?

continuara @ 01:28

O mate non é unha bebida. Bueno, si. É un líquido e entra pola boca. Pero non  é unha bebida. Neste país ninguén toma mate porque teña sede. É máis ben unha costume, como rascarse.

O mate é exactamente lo contrario que a televisión: faiche conversar se estás con alguén, e che fai pensar cando estás só.

Cando chega alguén a túa casa a primeira frase é 'hola' e a segunda '¿uns mates?'. Esto pasa en todas as casas. Na dos ricos e na dos pobres.

Pasa entre mulleres chismosas e charlatanas, e pasa entre homes serios ou inmaduros.

Pasa entre os vellos dun xeriátrico e entre os adolescentes mentres estudan ou se drogan.

É o único que comparten os pais e os fillos sen discutir nin botarse na cara.Peronistas e radicais ceban mate sen preguntar. No verán e no inverno.

É o único no que nos parecemos as víctimas e os verdugos; os bos e os malos.

Cando tes un fillo, lle empezas a dar mate cando che pide. Se o das morniño, con moito azucre, e séntense grandes.

Sentes un orgullo enorme cando un esquenunciño do teu sangue empeza a chupar mate. Sáeseche o corazón do corpo.

Despois eles, cos anos, elixirán se tomalo amargo, doce, moi quente, tereré, con cáscara de laranxa, con yuyos, cun chorriño de limón.

Cando coñeces a alguén por primeira vez, tómaste uns mates. A xente pregunta, cando non hai confianza: '¿Doce ou amargo?'. O outro responde: 'Como o tomes ti'.Os teclados de Uruguay teñen as letras cheas de herba.

A herba é o único que hai sempre, en todas as casas.

Sempre.

Con inflación, con fame, con militares, con democracia, con calquera das nosas pestes e maldicións eternas. E se un día non hai herba, un veciño ten e che da.

A herba non se lle nega a ninguén.

Este é o único país do mundo onde a decisión de deixar de ser un mozo e comezar a ser un home ocorre un día en particular. Nada de pantalóns longos, circuncisión, universidade ou vivir lonxe dos pais.

Aquí comezamos a ser grandes o día que teñamos a necesidade de tomar por primeira vez uns mates, solos.Non é casualidade. Non é porque si. O día que un raparigo pon a cacerola ao lume e toma o seu primeiro mate sen que haxa ninguén na casa, nese minuto, é que descubriu que ten alma.

Ou está morto de medo, ou está morto de amor, ou algo: pero non é un día calquera.

Ningún de nós nos acordamos do día en que tomamos por primeira vez un mate so. Pero debe haber sido un día importante para cada un. Por dentro hai revolucións.

O sinxelo mate é nada máis e nada menos que unha demostración de valores...
É a solidaridade de bancar eses mates lavados porque a charla é boa.

A charla, non o mate.

É o respeto polos tempos para falar e escoitar, ti falas mentres o outro toma e é a sinceridade para dicir:

¡Basta, cambia a herba!'.

É o compañeirismo feito momento.

É a sensibilidade á auga fervendo.

É o cariño para preguntar, estupidamente, '¿está quente, non?'.

É a modestia de quen ceba o mellor mate.

É a xenerosidade de dar ata o final.

É a hospitalidade da invitación.

É a xusticia do un por un. É a obrigación de dicir 'gracias', polo menos unha vez ao día.

É a actitude ética, franca e leal de atoparse sen maiores pretensións que compartir.

¿SÍNTESTE INCLUÍDO?

Compárteo pois con quenes algunha vez tomaches un mate.

(E-mail Anónimo)

Alejandra

09/05/2008 GMT 1

O Matrimonio

continuara @ 12:45

Nacestes xuntos e xuntos permaneceredes para sempre.

    Estaredes xuntos cando as brancas ás da morte esparzan os vosos días.

E tamén na memoria silenciosa de Dios estaredes xuntos.

    Pero deixade que os ventos do ceo libren as súas danzas entre vos.

Amádevos con devoción pero non fagades do amor unha atadura.

    Facede do amor un mar móbil entre as orillas das vosas almas.

Enchédevos un o outro as vosas copas pero non bebades da mesma copa.

    Compartide o voso pan pero non comades do mesmo troco.

Cantade e bailade xuntos e estade ledos pero que cada un de vos sea independente.

    As cordas de un laúd están separadas inda que vibren coa mesma música.

Dade o voso corazón pero non para que o voso compañeiro se apropie del.

    Porque só a man da vida pode conter os corazóns.

E permanecede xuntos... pero non demasiado xuntos.

    Porque os pilares sosteñen o templo pero están separados.

E nin o roble crece baixo a sombra do ciprés nin o ciprés baixo a do roble.

(Khalil Gibran)

                                                                         nenamare

Empeza por ti mesmo

continuara @ 11:38

As seguintes palabras están inscritas na tumba dun bispo (1100 d.C.) na cripta da abadía de Westminster:

        Cando eu era mozo e libre e a miña imaxinación non coñecía límites, soñaba con cambiar o mundo. A medida que me fun facendo maior e máis prudente, descubrín que o mundo non cambiaría, de modo que acurtei un pouco a visión e decidín cambiar soamente o meu país.

        Pero eso tamén parecía inamovíbel.

        O chegar a miña madurez, nun último e desesperado intento, decidín avenirme a cambiar soamente a miña familia.

        Entón, movido pola inspiración e o estímulo que eles me ofrecían, houbera sido capaz de mellorar o meu país e quen sabe se incluso non houbese podido cambiar o mundo.

 (Sopa de pollo para el alma, Jack Canfield e Mark Víctor Hansen) 

nenamare

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis