- ¿Tes medo Xan? - preguntoulle Uxía.
- Non, teño frío - respondeulle Xan, pero el era que estaba a pensar que seu curmán caerá no río e non quería preocupar a cativiña ...
Uxía ía canturrexando unha canción, desas que fan chorar so de escoitala.
Xan empezou a dicirlle:
- Cala ruliña que poden escoitarnos os peixes e asústanse - Xan aguantaba as ganas de chorar pensando si seu curmán caera no río pero non llo quería facer saber á cativa que se podía asustar.
Xan era un neno moi responsable a pesar dos poucos anos que tiña, só contaba 12, e a súa tía deixáballe a seus curmáns todas as tardes para que os coidara mentres ela ía traballar a un restaurante. E nunca, desde facía 6 meses que estaba coidando deles, lle pasou nada, el estaba que tronaba polo seu curmán.
De repente empezou a chover e Uxía berraba. Xan correu debaixo de un carballo para abrigarse e non mollarse.
- Que sorpresa Xan! Mira quen esta aquí – descubría a pequena.
Era Breixo, con cara de medo e todo acurrucadiño.Xan empezou a dar saltos de alegría, xa non lle importaba mollarse, e mirando para o ceo reza:
- Grazas avoíña de Breixo! - que contento estaba.
Agora xa non lle parecía tan descabezada a charla de Breixo ca súa avoa, xa estaba a pensar nos milagres.
De camiño para a casa ía ensimismado cos seus pensamentos e non se decatou que estaba cerrando a noite.
(...)
Lucía