Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Continuará ...

04/05/2008 GMT 1

Sen título

continuara @ 13:42

nina.jpgSentada na beirarrúa vía como pasaban os coches ás miñas costas, os nenos xogaban debaixo dos altos carballos a correr ás pombas que na fonte se achegaban a beber, as nubes parecían leves velos de fume correndo polo ceo azulado de marzo.

Xan achegábase a randeeira onde sentada xogaba a súa curmá Uxía. A pequena tiña cinco anos, as pernas rechonchas e unhas meixelas sonrosadas que facían, en conxunto cos seus cabelos negros, que parecese unha boneca coas que da pena xogar do fermosas que son.

Ese día Xan encargábase do coidado dos seus curmáns pequenos, e como aquela tarde facía un día digno de verán daba gusto saír a pasear á rúa, decidiu coller aos dous cativos e levalos onda o parque da carballeira para que puidesen corretear e xogar con outros amiguiños, pero esa tarde algo fixo que o verán de marzo se paralizase.

- Uxía, pequerrecha – falaba Xan coa cativa - ¿onde se meteu Breixo, mentres fun buscar a merenda?.
- Eu no sei, dixo que o chamara unha das rulas que bebían na fonte e aló se foi brincando
- respondía a pequena – eu só sei que a miña boneca lle berrou que non se subise na fonte, porque ían vir as bolboretas da carballeira e o ían levar voando -.
- Que cousas tes curmanciña! – ría Xan levando unha man a caluga coas ocorrencias da cativa – vou buscar ao langrán do Breixo, non vaia ser que se meta na fonte. Ti non te movas de aquí que agora vimos os dous - .
- ... son son son de Porto de Nós, son son ...- quedaba cantando a pena.

Xan xirouse cara a fonte e non vía ao cativo, nin rulas, nin bolboretas, e por eso se decidiu achegar onda a fonte por se o neno esvarara e caera dentro.
A sorpresa levouna ao pasar onda o carballo vello que estaba camiño da fonte. ...   

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis