Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Continuará ...

07/05/2008 GMT 1

...

continuara @ 12:36

Alí estaba Breixo no alto do carballo, falando coas rulas e rodeado de fermosísimas bolboretas de vivos cores.

Xan berroulle ó rapaz:

- ¿ Breixo, qué fas aí arriba?

E el díxolle:

- Estou  falando cá miña avoa, que baixou do ceo para cumprilo meu soño que tiven esta noite, no que ela ía vir ó parque  a xogar comigo -.

- ¿Pero eu non vexo a túa avoa por ningunha parte? ¡O único que vexo son bolboretas e unha rula ca que ti estás a falando!- dixo Xan todo preocupado.

- ¡Non é unha rula, é a miña avoa! - a Breixo parecéralle mal que o seu primo confundira a súa avoa cunha rula.

Xan non sabía que dicirlle ó rapaz, pois realmente Breixo estaba convencido de estar falando cá súa avoa, pero o seu primo empezaba a preguntarse qué lle estaba a pasar ó neno.

- ¡Breixo, baixa da árbore que está a túa irmá soa e temos que ir a buscala! E despois cóntasme qué pasou no alto do carballo - a Xan picáballe a curiosidade por saber qué estaba a pasar pola cabeciña do seu primo.

(...)

nenamare    

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis