O Matrimonio
Nacestes xuntos e xuntos permaneceredes para sempre.
Estaredes xuntos cando as brancas ás da morte esparzan os vosos días.
E tamén na memoria silenciosa de Dios estaredes xuntos.
Pero deixade que os ventos do ceo libren as súas danzas entre vos.
Amádevos con devoción pero non fagades do amor unha atadura.
Facede do amor un mar móbil entre as orillas das vosas almas.
Enchédevos un o outro as vosas copas pero non bebades da mesma copa.
Compartide o voso pan pero non comades do mesmo troco.
Cantade e bailade xuntos e estade ledos pero que cada un de vos sea independente.
As cordas de un laúd están separadas inda que vibren coa mesma música.
Dade o voso corazón pero non para que o voso compañeiro se apropie del.
Porque só a man da vida pode conter os corazóns.
E permanecede xuntos... pero non demasiado xuntos.
Porque os pilares sosteñen o templo pero están separados.
E nin o roble crece baixo a sombra do ciprés nin o ciprés baixo a do roble.
(Khalil Gibran)
nenamare

Chúzao
del.icio.us