... (2)
Breixo naquel intre baixou do carballo paseniñamente pero non foi cara o seu curmán nin xunto a Uxía que seguía coma se nada brincando e xogando arredor da fonte.
Xan volveu berrar:
-Breixo!! ¿A onde vas agora?
Breixo non fixo caso.Tiña a súa ollada perdida, un sorriso de felicidade que Xan nunca vira a ninguén, desas pícaras, pero serena moi serena. O seu rostro reflexaba medo pero á vez ledicia pero tornara vermello coma un tomate maduro daqueles que recollían seus avós antes de que a avoa de Breixo morrera tras aquel dramático suceso que cambiaría a vida de todos para sempre.
Breixo corría coma un tolo detrás da rula, cara o camiño de pedra que percorría o río e que ía a dar a casa onde estaba o xardín máis frondoso do lugar, a do señor Bartolomeo, que en tempos pasados fora o enterrador pero que agora debido a que a súa mala saúde e os preto de cen anos que tiña dedicábase a coidar todo tipo de prantas no seu viveiro.
Xan quedou parado un intre para saber o que ía facer, a súa faciana reflectía a preocupación propia do curmán maior ao coidado dos máis pequenos, pero non dubidou moito correu cara onde se atopaba Uxía e para non preocupala díxolle:
- Uxía, pequena imos dar un paseo pola beira do río ti enriba miña es o meu xinete e eu son o teu cabaliño Manchado.
A nena non quería ir, aquel camiño sempre tivera moita sona no pobo e non precisamente se relataban cousas boas sobre el, pero coma lle encantaba ir a cabaliño montouse enriba de Xan.
Xan corría e chamaba por Breixo pero non lograba divisalo por ningures.
Xan palideceu, mirou por todo o contorno ata no río e non viu a ninguén só zoaba o vento entre as árbores e un papeliño amarelo de caramelo dos que tanto lle gustaba ó seu curmán ...
Fátima

Chúzao
del.icio.us