... (5)
... o pai de Xan, antes traballaba en Astano e agora estaba parado, para sorpresa dos cativos, levounos o peirao para coller unha barca, que os levara á Coruña, eles estaban inquedos pola Marola, “quen pasa a Marola pasa a mar toda”, os castelos da Palma e San Felipe, que lles facía evocar tempos pasados de corsarios e piratas, entrando cautelosos pola ría e desde as troneras dos castelos lanzaríanlles frechas e cañonazos e sempre gañarían os de Ferrol.
E cando chegasen á Coruña collerían o tranvía que atravesa todo o paseo marítimo e irían ver a Casa dos Peixes e comerían unha hamburguesa e á volta estaríalles esperando A Marola ...
marixela

Chúzao
del.icio.us