... (6)
O que os cativos non pensaron foi que na cidade agardábaos mais sorpresas, a cidade atopábase de festas e, como non, non podía faltar as atraccións.
O pai dos cativos deixara moi bos amigos o seu paso pola cidade, que o quería moito.
O día parecía que prometía moito, pois os cativos o poder ver todo aquelo era todo un primor.
O día acababa de comezar, e para Uxía máis, pois moi caladiña e sen perder ollo do que o lonxe estaba vendo dixo:
- ¡Xan! -.
- ¿ Que queres Uxía ? - respondeu Xan.
- ¿Ti ves o que eu estou vendo? - díxolle a cativa toda alporizada.
- ¿ O que Uxía ? -.
- Uns burriños - dixo ela toda chea de razón.
- ¿Uns burriños? ti tamén, ti tes cada cousa ¡non muller!, o que ti ves non son burriños, son ponis -.
- O que sexan, eu vou a velos, ven anda, ¡ven comigo! -.
- Vou – rematou Xan.
Para Uxía o poder ver aqueles animaliños no medio daquela troula estaba que non o creía, pois a ela parecíalle que so os había na aldea. ¡Quen fora cativo! ...
- Papá, se me deixas eu quería dar unha volta -.
- ¿ No que, Uxía? -.
Neso ho! – sinalaba a pequena.
- Pois non sei - dixo o pai.
Quen diría que aquelo ía espertar tanto fervor na cativa.
Para Xan e Breixo as súas inquedanzas ían por outro lado, os ferranchos como que si.
O final da xornada, case estaba ao chegar pero son tantas as cousas para ver que nin deso se decataron ...
MARIA

Chúzao
del.icio.us